O violín de Florian Vlashi e a voz de Eva Vieites fúndense no abrazo dun concerto-performance, unha danza entre a palabra e o instrumento na que os versos desterrados de Luis Seoane conversarán coas sonoridades rupturistas da vangarda europea. Como telón de fondo, imaxes visionarias que nos trasladarán a un mundo semiconsciente de conexións co maio do 68.
Despois do concerto estaremos todos invitados a degustar o viño de Bodegas Petron, medalla de ouro na primeira edición do concurso de viños de España, convocado pola Federación Española de Asociacións de Enólogos.