Catro pezas. Catro compositores. Dúas grandes figuras da música das últimas décadas e dúas novas promesas da composición actual. Neste concerto que referencia a unha das pezas máis célebres de Luigi Nono (“…sofferte onde serene…”), o grupo Vertixe Sonora preséntanos unha paisaxe sonora que toma por centro un piano.
A compositora Elena Rikova (*1991) na súa peza “Bat Jamming” (2015) móstranos un piano aberto: un piano como obxecto, como caixa de resonancia, como lugar onde un son pode transformarse noutro; pode convocar ecos ou artellar palabras, un gran tímpano ou un útero onde a linguaxe e a música mergúllanse ata alcanzar o seu inicio único, incomprensible e indescifrable.
Configuran, ademais, este programa obras de Kaija Saariaho (*1952), Toshio Hosokawa (*1976) e Víctor Ibarra (*1978) nun concerto onde a escoita é o principal, onde o traballo sonoro propón preguntas sobre a súa propia natureza, e como diría Rilke: “A resonancia, como un oído máis profundo, escóitanos a nós”.