Resis Festival

INSTALACIÓN SONORA
“SEREAS”
XOÁN XIL
CIDADE DA CULTURA
240707059-973x645 (1)
“Ulises nunca dixo que o canto das sirenas fose fermoso. Ulises, o único humano que escoitou o canto que fai morrer sen morrer, di, para caracterizar o canto das sirenas, que ese canto ‘enche o corazón do desexo de escoitar´”
Pascal Quignard

SEREAS (Oda Ludita) é un encargo do Festival RESIS inspirado polo levantamento que tivo lugar na Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857 cando as traballadoras reveláronse tirarando as máquinas recentemente adquiridas ao mar. O traballo céntrase na relación crítica e paradoxal coa tecnoloxía, os modos de produción e a resistencia fronte a un capitalismo tecnolóxico que persegue incrementar a concentración de bens de produción en lugar de redistribuílos.

Escrita para soprano, voz falada, acordeón, cello, percusión e electrónica, e baseada nos textos escritos por Alba Cid para a ocasión, dialoga cun dispositivo formado por seis sirenas mecánicas, voces artificales que lembran as sonoridades da sirena da propia fábrica, un fito da paisaxe sonora da cidade que aínda permanece na memoria e o imaxinario de moitas persoas.

Como instrumento, este set de sirenas forma parte da partitura e pode controlarse manualmente para xerar diferentes harmonías complexas, glissandos e batimentos, permaniciendo despois do concerto en formato de instalación sonora activada cando os visitantes fichan nunha máquina de rexistro horario de empresa que, neste caso, controla o tempo “improductivo” que se dedicou á escoita”.