A PROXECCIÓN SONORA
A PROXECCIÓN SONORA é un proxecto financiado pola Fundación Emalcsa, ao abeiro da VI Convocatoria ‘Cultura accesible e Inclusiva’, dirixida a apoiar a entidades que favorezan o acceso igualitario e inclusivo á cultura, en colaboración co Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía MuNCyT.
Nesta ocasión desenvolveremos o traballo en colaboración con dúas entidades sen ánimo de lucro da Coruña que traballan con persoas con discapacidade auditiva: ACOPROS ASOCIACIÓN DE COLABORACIÓN E PROMOCIÓN DAS PERSOAS XORDAS Entidade que se encarga de representar e defender os intereses globais das persoas con discapacidade auditiva e das súas familias, sensibilizando á sociedade en relación coa sordeira e promovendo o diagnóstico precoz e a atención temperá FAXPG FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA Entidade que traballa polo desenvolvemento integral das persoas xordas de Galicia e as súas familias, en condicións de accesibilidade universal, preservando a Lingua de Signos Española (LSE) como valor principal.
O presente proxecto pedagóxico impartido polo equipo docente de PULSO ENSEMBLE ten como obxectivo achegar a música contemporánea ao público en xeral e a persoas con discapacidade auditiva en particular.
A través dunha serie de talleres dirixidos polos membros de Pulso Ensemble baixo a produción do Festival RESIS, os participantes irán introducíndose, de maneira activa, nas diferentes prácticas sonoras contemporáneas.
A través de devanditos obradoiros, estableceranse puntos de encontro, diálogo e creación artística entre mozas con discapacidade auditiva e mozos músicos galegos e galegas.