Resis Festival

concerto
GRAN TORSO
Vertixe Sonora
Dirección: Nacho de Paz
sábado 5 de xuño — 19:00H
Teatro Colón

venta de entradas na
taquilla do teatro colón
Obras de
Ramón Lazkano
Alberto Posadas
Iannis Xenakis
Hugo Gómez-Chao Porta
Programa

Erlantz*
Ramón Lazkano

Jalons**
Iannis Xenakis

Tres pinturas imaginarias*
Alberto Posadas

Agón***
Hugo Gómez-Chao

*Estrea en Galicia
**Estrea en España
***Estrea absoluta
Plantilla

Frauta: Clara Saleiro
Óboe: Pilar Fontalba
Fagote: Jesús Coello
Clarinete: Hugo Queirós, Daniel Veiga
Saxofón: Pablo Coello
Trompeta: Carlos Cortés
Trompa: Jorge M. Fuentes
Trombón: Iago Ríos
Tuba: Santiago Gayoso
Violín: Roberto Alonso, Anca Smeu
Viola: Alfonso Noriega
Violonchelo: Thomas Piel
Contrabaixo: Carlos Méndez
Arpa: Bleuenne Le Friec
Piano: David Durán
Percusión: Diego Ventoso
O concerto Gran Torso pecha este ano a programación do Festival Resis de Música contemporánea da Coruña coa estrea en Galicia de “JALONS”, obra cumbre da vangarda europea do século pasado do compositor Iannis Xenakis. As obras “Erlantz” de Ramón Lazkano e “Tres pinturas imaxinarias” de Alberto Posadas sonarán por primeira vez en Galicia, dando testimonio de dous dos mellores compositores españois da actualidade e con maior prestixio internacional. O compositor galego Hugo Gomez-Chao presentará a súa última obra, “AGÓN”, para gran ensemble, que pecharña o programa dirixido por Nacho de Paz e interpretado polo grupo Vertixe Sonora Ensemble.

O director Nacho de Paz (Oviedo, 1974) é particularmente recoñecido pola súa especialización na música dos séculos XX e XXI. O seu traballo no repertorio experimental de nova creación é de referencia en España. Formouse en dirección de orquestra con Arturo Tamayo e Pierre Boulez. Becado polo Goberno Alemán e escollido como director musical polo Ensemble Modern, realizou un Master en Música Contemporánea na Universidade de Frankfurt. Ten realizado cerca de 400 estreas así como as primeiras interpretacións en España de obras emblemáticas como “Prometeo” de Luigi Nono e “Gruppen” de Karlheinz Stockhausen. Dirixiu á Orquestra e Coro Nacionais de España, Orquestra Sinfónica de Madrid (Teatro Real), Orquestra e Coro da Comunidade de Madrid, Xove Orquestra Nacional de España, Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya, Orquestra Sinfónica de Euskadi, Orquestra Sinfónica de Bilbao, Orquestra Sinfónica de Castilla y León, Real Filharmonía de Galicia, Ensemble Modern (Frankfurt), Ensemble musikFabrik (Köln), Klangforum Wien, Neue Vocalsolisten Stuttgart, Ensemble PHACE (Viena).

Dende a súa presentación en 2011, Vertixe Sonora desenvolve unha intensa actividade en todo o territorio, con xiras nacionais e internacionais. Aos 175 concertos realizados, súmanse actividades divulgativas e formativas. Concertos en diálogo coas artes, co coñecemento, coa tecnoloxía, cun forte compromiso coa creación musical que fai que dende Galicia se teñan xerado 192 estreas absolutas de compositores de 37 países diferentes. Unha década de produccións propias e concertos por diferentes festivais e ciclos de España. O seu recñecemento internacional permitiulle presentarse en escenarios de Alemaña, Estados Unidos, Francia, Italia, México, Portugal, Suecia e Suiza. Premio Martín Codax 2016 de Música clásica contemporánea, a súa labor foi recollida nos documentais Sonutopias (campUSCulturae da Universidade de Santiago de Compostela, 2014), Correspondencias Sonoras (Manuel del Río, 2013) e “La lira del desierto” (Manuel del Río, 2020) este último en conmemoración do 60 aniversario do nacemento do compositor Enrique X. Macías. Ademáis do CD coas obras finalistas do XXVI premio “Jóvenes Compositores Fundación SGAE-CNDM”, rexistrou para WERGO o ciclo Die Wanderung da compositora Lula Romero, e para o selo NEOS The Dimension of the Fragile, monográfico sobre o compositor Víctor Ibarra.