Resis Festival

PROXECCIÓN DOCUMENTAL
I FILM DI FAMIGLIA
SERENA NONO
VENRES 24 DE MAIO 20:00H
A DOMUS
ENTRADA DE BALDE

RECOLLIDA DE INVITACIÓNS A TRAVÉS DE ATAQUILLA.COM OU NO QUIOSCO PRAZA OURENSE
I film di famiglia
As imaxes, e con elas os recordos, e as situacións atopadas nas películas de Super 8 que utilizou Serena Nono para I filme dei famiglia (As películas da familia) impulsáronlle a querer facer unha película-documento que non fóra só sobre a súa familia, senón sobre un período artístico e político moi interesante, que abarcaba os anos sesenta e setenta.

A primeira parte conta a biografía de Luigi Nono, en fragmentos. E ven os cadros e o estudo do compositor Arnold Schoenberg en Los Ángeles, pai de Nuria, a muller de Luigi Nono. Logo, aparece Luigi Nono en Venecia con varios amigos, colaboradores e artistas como Massimo Mila, Marino Zuccheri, Giuliano Scabia, Luigi Pestalozza, Yevgeny Yevtushenko, e algúns membros de The Living Theatre.

Represéntanlles as viaxes a Sudamérica: Venezuela, Perú, Arxentina, Chile e Cuba. Logo a Moscova e Berlín Este, e tamén nesta metraxe aparecen algunhas das persoas que o seu pai coñeceu, en Moscova: Yuri Liubimov, Sviatoslav Richter e Vladimir Vysotsky. Pareceulle interesante e o seu deber compartir estas imaxes que dan testemuño dunha época, pero tamén dun ethos político e cultural. O seu pai, e por conseguinte a súa familia, vivían a cultura e a política a 360 graos, non había distinción entre ambas. Deste xeito, Serena quixo evocar aqueles tempos e manter unha mirada obxectiva pero non do todo nostálxica, sobre todo a través das palabras comprometidas pero a miúdo desencantadas de Luigi Nono.

O audio narra, a través de entrevistas e conversacións con Nono, os seus estudos, os seus primeiros anos e logo o seu compromiso e as súas posicións políticas e culturais, pero tamén a súa soidade, a miúdo debida á incomprensión tanto do aparello político como dos críticos musicais.

A película termina coa Festa Nazionale dell’Unità (Festa Nacional da Unidade) na Giudecca, onde sempre viviu a familia, en Venecia. Inti Illimani participou ese ano, así como un grupo de músicos cubanos.

Esta presentación estará moderada polo crítico musical Paco Yáñez e contará coa presencia de Serena Nono e o filósofo Francisco Jarauta.



Serena Nono naceu en Venecia. En 1982 trasladouse a Londres para estudar na Universidade de Kingston. Licenciouse en Belas Artes en 1987. En 1989 regresou a Venecia. Desde 1991 expón en cidades italianas e europeas.

Entre as súas exposicións individuais destacan: Preghiera, silenzio, Mole Vanvitelliana, Ancona, Figure, Palazzo Sarcinelli, Conegliano, Memoria e attesa, Museo della Porziuncola, Asís, Retratos, Museo dei Palazzo Poggi, Bolonia, participación na 54 Bienal de Venecia de Artes Visuais, Pavillón de Italia, Sen poesía, con Nicola Golea, nas sedes veneciana e milanesa de Emerxencia. Algunhas das súas pinturas de arte sacra atópanse en igrexas e museos italianos como: Chiesa della trasfigurazione en Parma, Cappella Piccola Opera Charitas, Giulianova, Complesso museale dei S.Chiara, Nápoles.

Colaborou con escritores e filósofos en publicacións e exposicións, entre eles Hanif Kureishi, Daniele Do Giudice, Bruno Forte, Mario Fortunato, Massimo Cacciari, Vincenzo Vitiello, Giovanni Montanaro, Chiara Valerio, Giancarlo Gaeta.
En 2006, comezou a rodar e montar unha serie de documentais e películas de arte e ensaio; ata a data realizou dez, entre elas Via della croce, Venezia salva, presentada no Festival de Venecia, I filme dei famiglia, Sventura e a moi recente Nessuno ha il diritto dei obbedire.

É responsable da Fundación Arquivo Luigi Nono de Venecia e comisario do Festival anual Luigi Nono desde 2017. Vive e traballa en Venecia.