Guai ai gelidi mostri trata de ampliar as fronteiras da música, de problematizar tanto os estereotipos románticos da creación individual ou da coloración sentimental da música, como as diversas formas contemporáneas de mitificación da espontaneidade ou o azar.
Trátase, tamén, de reintegrar a música ao plano dea experiencia colectiva, utilizando a vía do son para propiciar unha comprensión máis profunda do mundo e dos homes.
Acompañan á obra mestra de Luigi Nono, sendas pezas de Rebecca Saunders e Alberto Posadas, xunto a un dúo de Claudio Monteverdi, separado por 400 anos do resto de repertorio.