Resis Festival

PROXECCIÓN DOCUMENTAL
LES GRANDS FANTÔMES
Louise Narboni + Yoann Bourgeois
sábado 30 de abril — 12:30H
Casa Museo Casares Quiroga
[INAUGURACIÓN]

Entrada de balde

Recollida de invitacións a través de
Ataquilla.com e Praza de Ourense

O documental As Grandes Pantasmas (Les grands fantômes), xa estivo presente na edición pasada do festival, pero quixemos rescatalo para proxectalo neste magnífico enclave. Un xeito de traer París ao primeiro fogar de María Casares, e de regalarlle un anaco da infancia de María Casares a París, habitando o documental este lugar para a memoria, a casa museo Casares Quiroga. Foi gravado no Panteón de París, onde se atopa o Péndulo de Foucault, o escenario perfecto para Bourgeaois -bailarín e coreógrafo que se move entre a danza e o circo- para explorar os límites do equilibrio e o movemento.

Un espazo ideal para gravar esta peza de danza contemporánea, en harmonía coa hipnótica 2 música e a palabra, introducindo a varios bailaríns que, realizando acrobacias contemporáneas, danzan xogando coa gravidade e o peso, buscando o equilibrio nun movemento constante.

“A creación non coñece o descanso. Non coñece o descanso do movemento da creación. A creación non descansa, non pode descansar de vivir, de ser, de ser a creación. A creación non pode en ningún caso descansar de vivir. Igual que dentro do que todo o mundo crea, toda a creación envellece cara aos seus destinos eternos. E é temporalmente, eternamente, cara a eses destinos eternos que se desgasta e dá voltas, é a súa natureza interior”.

Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS