Resis Festival

VIDEOARTE
META-SISTEMAS
HOMENAXE A LUIGI NONO POLO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO
RUBÉN PANETE
Rubén Panete deseña e constrúe meta-sistemas con e para músicas en sitio-específico (site-specific), é dicir: conxuntos de sistemas sonoros, lumínicos, arquitectónicos, acústicos, informáticos e escultóricos que, levados ao extremo das súas posibilidades mediante técnicas de Intelixencia Artificial, xeran unha saturación de signos, podendo ser éstos revelados —total ou parcialmente— nos procesos do propio meta-sistema; considerándose as decisións aleatorias computacionais igual de lexítimas que as propiciadas polas intuicións do propio artista.

O que así se pretende ofrecer é máis un lugar de incertidumbre que posibilite camiños de investigación —e interpretación— que unha obra final ou pechada. É dicir: un constante cuestionar paradigmas, tropos, lugares comúns, cosmovisións, coñecementos, hábitos e costumes; incluíndo as propias.