Mikrokosmos é un concerto para percusión, electrónica e arte visual sincronizado no que se interpretan obras de Daniel Almada, Antón Alcalde, Roberto Oliveira, Pierre Jodlowsky e Edson Zampronha. Diferentes instrumentos de percusión como o vibráfono, diferentes tamaños de gongs e incluso un híbrido de batería-set de multipercusión mestúranse para conformar este proxecto, no que o público poderá escoitar, ver e sentir unha auténtica explosión de sensacións.
Especializado en Percusión e Electrónica [música electroacústica], Roberto Oliveira completa seus estudios de licenciatura en percusión no Koninklijk Conservatorium, Hogeschool van Beeldende Kunsten, Muziek en Dans da Haia [Países Baixos], continúando seus estudios de “master in music performance” na Royal Irish Academy of Music de Dublín, DCU Dublin City University [Irlanda], obtendo a distinción “First Class Honours”. Ten realizado concertos en festivais como: “TIPC” Taipei International Percussion Convention (Taiwan); Festival de Música “FESTIGOMES” de Campinhas, Sao Paulo (Brasil); Festival Internacional de Buenos Aires (Arxentina); Huddersfield Contemporary Music Festival (Reino Unido); Festival de Música Improvisada “ISIM” (Suíza); Liepaja Contemporary Art Forum (2017 Letonia) entre outros. Robertoliveira conta con tres discos en solitario “Pparafusxo” (2010), “Diáspora, novas músicas de aquí e de acolá” (2017) e “Argana, estrutura rítmico espiñal” (2020).
Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.