Resis Festival

NOTAS DE CONCERTO


JACOBO GASPAR

Estrea absoluta
Resonancias arbóreas

A fisicidade de “Árbore” de Manolo Paz e o sentido trascendente que José Ángel Valente amosa en “Elegía, el árbol” son o xermen de “Resonancias arbóreas”. A árbore de M. Paz moldea un material pétreo que aspira a ser orgánico. Este sentido ascendente, no poema de J. A. Valente, ven delimitado por unha elevación ao mundo invisible; polo paso do mundo sensible ao trascendente.

Escoitar a resonancia do son sitúanos no límite do mundo sensible. Un espazo onde a materia e aquilo outro que trascende a súa existencia conflúen.

Jacobo Gaspar Grandal, 2019.

JOSÉ ÁNGEL VALENTE

Elegía, el árbol (Interior con figuras, 1976)

El árbol pertenecía por la copa a lo sutil, al aire y a los pájaros. Por el tronco, a la germinación y a todo lo que une lo celeste con los dioses del fondo. Por la raíz oscura, a las secretas aguas. La copa dibujaba un amplio semicírculo partido. Porque también el árbol era portadordel fuego,herido por el rayo, el árbol. Como otras cosas mayores que nosotros: estaba el árbol no en la ciudad, sino en el mundo, más cierto que ella misma, que aún la circundaba. Árbol. Ciudad. El árbol en lo alto, sobre la lentitud de la subida. Nos llevaban a él, pensábamos, su propia suficiente soledad o su belleza. Soledad o belleza, santidad, forma que en la cercanía del dios reviste lo viviente. El árbol, nos dijeron, fue talado. El árbol, no de la ciudad, sino del mundo, más real, que entonces aún la circundaba. Quien visite el lugar acaso sepa que aquel árbol no podía morir; que en el lugar del árbol para siempre hay, igual al árbol, en la posición antigua del orante, un hombre, igual al árbol, con los pies en la tierra, pero menos visible, la cabeza y los brazos, con las manos abiertas, alzados hacia el cielo, copa, tronco, raíz, para que desde lo oscuro suba lo oscuro al verde, al rojo, y a su vez el fuego regrese de lo alto a la matriz, al centro imperdurables.

HACHÈ COSTA

Estrea absoluta
“Tratado Espiritual das Tres Vías || Amor Divino” para Saxofón e Coitelo

Como encarga do Festival RESIS de Música Contemporánea, e utilizando como fío conductor a tala “Amor Divino” do escultor coruñés Emilio de Madariaga que forma parte do fondo do Museo de Belas Artes da Coruña, este “Tratado Espiritual” é unha partitura que invita ao espectador a adentrarse na súa propia consciencia, nos seus propios medos persoais; unha partitura que busca provocar o temor, a angustia e unha posterior reflexión individual, co obxecto de que cada un de nós poida contestarse á gran pregunta da existencia humana: es, realmente, capaz de matarte a ti mesmo para poder entregar a túa vida a outro en nome do amor?

Hoxe en día, a cuestión así formulada resulta un tanto superflua debido a que o amor, a verdadeira entrega sen condicións a alguén ou a algo que é superior a nós mesmos, converteuse nun asunto case pueril: aspecto inherente á superficialidade desta sociedade líquida e ás modas liviás herdadas do movemento new age.

Pero as vías históricas [a relixiosa, a mística, a chamánica] fálannos doutras cuestións considerablemente máis profundas como poden ser a renuncia á propia personalidade ou o temor que provoca a aniquilación do propio Eu. Non existe, por isto, nin unha soa tradición seria que non contemple símbolos tales como o sangue e o coitelo, o grito e o murmurio, a escuridade e a luz: trátase, en palabras do célebre Alejandro Jodorowsky, do poder sanador do pánico, e esta é, e non outra, a vía escollida para invitar ao oínte a mergullarse no abismo da súa mente; é esta, e non outra, a vía para renunciar a todo aquilo que somos e alcanzar a experimentar a auténtica forza purificadora do amor.

Hachè Costa