Resis Festival

PANEL DE LECTURA
PANEL DE LECTURA DE PARTITURAS
Beat Furrer + Arxis Ensemble
PRIMEIRA CONVOCATORIA INTERNACIONAL
venres 27 de maio 
OBXECTIVO

A Asociación Cultural AÏS, en colaboración co Festival Resis de Música Contemporánea da Coruña e Arxis Ensemble, no marco da V edición do Festival Resis, anuncia a Primeira convocatoria internacional de panel de lectura de partituras.

O obxectivo é seleccionar cinco obras que se representarán o 27 de maio de 2022 na Coruña, baixo a dirección de Beat Furrer e se interpretaran en audición pública o mesmo día.

REQUISITOS

Poderán participar nesta convocatoria compositores/as novos/as cuxa idade non exceda de 35 anos no momento do peche da convocatoria, con independencia da súa nacionalidade.

A obra presentada será unha composición para conxunto de cámara cunha duración máxima de 10 minutos para calquera combinación dos seguintes instrumentos (mínimo 2 instrumentistas):
  • Frauta (Flauta en do / Frauta baixa)
  • Clarinete (Clarinete en si b / Clarinete baixo)
  • Percusión (1 instrumentista) (Marimba 5 oitavas / Plato suspendido / Losa de pedra / 2 Tom toms / Bloque de metal / Tam tam / Timbal 32” / Cristal / vidrio (2 botellas) / Bombo sinfónico)
  • Piano
  • Violín
  • Violonchelo


Se a partitura precisa de instrumentos/obxectos distintos dos indicados anteriormente (pequenos instrumentos de percusión, atrezzo, etc.), os/as compositores/as deberán facilitarllos ao conxunto ao comezo do ensaio; en caso contrario, a organización podería decidir non interpretar a peza.

Non se permiten dispositivos electrónicos e/ou amplificación.

TAXAS

Cada participante deberá aboar o pago de 30€ en concepto de taxas mediante transferencia bancaria á conta:
IBAN ES1402388116280603263840 SWIFT BSCHESMM

INSCRIPCIÓN

As personas participantes deberán enviar un correo electrónico a [email protected] (Asunto: NOME + APELIDO – Panel de lectura de partituras) antes do 30 de abril de 2022 (23:59h) cos seguintes documentos:
  • 1- Curriculum vitae en español.
  • 2- Copia do documento de identidade ou pasaporte.
  • 3- Partitura da obra a presentar composta nos últimos dous anos.
  • 4- Xustificante do pago das taxas.
  • 5- (Opcional) Gravación sonora da partitura presentada. Se indicará no corpo do correo electrónico a ligazón en liña da gravación accesible desde internet (páxina web, youtube, soundcloud ou similar).


Estes documentos remitiránse como ficheiros adxuntos en formato PDF. O nome destes ficheiros non debe conter puntos, acentos nin ningún outro tipo de puntuación. Pode distribuír o conxunto de documentos en varios correos electrónicos, tendo en conta que o peso máximo de cada correo electrónico cos seus anexos non debe superar os 20 MB.
No corpo de cada correo electrónico incluirase unha lista co nome exacto de todos os ficheiros enviados e o número da mensaxe na que están adxuntos. Na parte inferior do texto de cada correo deberase indicar nome, apelidos, enderezo postal e número de teléfono.

Estes requisitos son fundamentais para garantir a correcta recepción da documentación.

As persoas seleccionadas deberán remitir no prazo máximo de 7 días desde a publicación da resolución da convocatoria os seguintes documentos:
  • Dúas fotografías de alta resolución e libres de dereitos de autoría.
  • Biografía (máx. 1000 caracteres).
  • Particellas da obra seleccionada


PRIVACIDADE E RESPONSABILIDADES DA ORGANIZACIÓN

Os datos persoais facilitados polos/as participantes trataranse de conformidade co disposto na Lei orgánica 7/2021, do 26 de maio, de protección de datos de carácter persoal e comunicaranse a terceiros só por motivos relacionados con este evento. O tratamento dos datos persoais e da documentación estará reservado á Asociación Cultural AÏS, C/ Río Mandeo, 3. Código Postal: 15007 A Coruña, España. Representante legal: Clara Porta Soler.

A organización non asumirá ningunha responsabilidade por calquera problema ou atraso ocasionado por imprevistos de orixe técnica, informática ou natural que poidan impedir a carga, recepción e valoración dos materiais presentados polos/as participantes.

VIAXES E ALOXAMENTO

Os gastos de aloxamento e viaxe correrán por parte das persoas participantes.

XURADO

Estará composto polo compositor e director Beat Furrer, un/ha representante do Festival Resis e un/ha representante do Arxis Ensemble.

RESOLUCIÓN

A decisión do xurado será inapelable e será comunicada ás/aos participantes a máis tardar o 7 de maio de 2022. As cuestións non contempladas nestas bases serán resoltas polo Xurado.

A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.
Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS