proxección documental
Manuel del Río

CORRESPONDENCIAS SONORAS /

Sobre “Vertixe Sonora”

Sábado, 18 de maio

11:00-15h e 17:00-20:30h
Fundación Luis Seoane
A Coruña
Entrada libre
(ata completar aforo)
< volver a programa

Correspondencias Sonoras é un documental de Manuel del Río que plasma a labor da ensemble galega de música contemporánea Vertixe Sonora.

Director, produtor e escritor, Manuel del Rio é unha figura absolutamente inclasificable do novo cinema galego. Despois de realizar diversas curtametraxes nas que se dan a man o cinema experimental e a música de vangarda, presenta Correspondencias Sonoras, unha longametraxe documental que segue o día a día do Vertixe Sonora Ensemble.

Filmado no Centro Galego de Arte Contemporánea inclúe entrevistas, concertos, conferencias, exposicións… Compositores coma Ramón Souto ou David Hernández Ramos reflexionan sobre vangarda, a relación co público e a escoita nunha proposta imprescindible para coñecer a música do noso tempo.

EQUIPO ARTÍSTICO
DIRECCIÓN E MONTAXE /
MANUEL DEL RÍO
COLABORACIÓN /
PACO YÁÑEZ

LOCALIZACIÓN