vídeo instalación
Begoña M. Santiago

COSMOS /

“Todo o que está ordenado”

Do 3 de maio ao 30 de maio

Luns a venres,  17:00-19:00h
A Normal, UDC
Inauguración
20:00h, A Normal
Recollida de invitacións
A Normal, A Coruña
< volver a programa

«O último proxecto de Bego M. Santiago invítanos a mergullarnos na serie “Cosmos, todo o que está ordenado”, unha colección de cuncas místicas, pantallas líquidas e pozos sen fondo que a través da cine-escultura recolle o testemuño do desbordamento Valdelomariano.

Unha inmersión persoal nas profundidades da Xeometría Sagrada, que se aproxima ao “número idea” dende os seus niveis de lectura estéticos, simbólicos e místicos para crear unha obra líquida sobre a conciencia individual e todo aquilo que a relaciona co cosmos.

Adentrémonos, pois, no seu universo fluído e deixémonos envolver por esta experiencia entre o cine experimental e a arte dixital.» Xisela Franco

Relacións cómplices: vídeo arte, música, danza e arte culinaria. Unha comuñón perfecta para a inauguración desta exposición na que contaremos con:

A vídeo instalación de Begoña M. Santiago, a frauta xaponesa de César Viana, a danza de Luz Arcas e a arte culinaria dos cociñeiros Alhambra; Luis Veira e Álvaro Victoriano.

EQUIPO ARTÍSTICO

LOCALIZACIÓN