Resis Festival

concerto
Ramón Otero Moreira & Hugo Gómez-Chao Porta

DOUS COMPOSITORES PARA UN MUSEO /


Sábado, 9 decembro 2017

Salón de actos do Sexto Edificio
Museo de Pontevedra

 

 

Dous compositores contemporáneos réndenlle homenaxe a dúas obras do Museo de Pontevedra: Bodegón (ca. 1660), de Pedro de Camprobín, e o retrato Cabeza de negra (1946), de Maruja Mallo, elixido con motivo da súa conmemoración no Día das Artes Galegas. Dúas épocas e dúas propostas estéticas para inspirar a creación de dúas obras de música contemporánea, un diálogo na procura de espazos a medio camiño entre a abstracción da linguaxe musical e a figuración da obra visual. Unha música que non se limita a describir a pintura, senón que se presenta a si mesma como materia visual. Visualízase o que non se ve; vese o que se escoita no interior de cada cadro.

EQUIPO ARTÍSTICO
COMPOSITORES /
RAMÓN OTERO MOREIRA
HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA
CÉSAR VIANA
DAVID DEL PUERTO

VIOLÍN /
DESPINA IONESCU
MEZZOSOPRANO /
ESTÍBALIZ ESPINOSA
GUITARRA /
RAMÓN CARNOTA
VIOLONCELLO /
ALEXANDRE LLANO
PROGRAMA
César Viana,
Penas
Sobre A caída de Ícaro,
de Jacob Peter Gowy
Poema Metamorfoses
(VIII, 231-235), de Ovidio
David del Puerto,
Corazón del viento
de El jardín bajo la luna
Ramón Otero Moreira,
Nós
Sobre Mariña surrealista, de Urbano Lugrís González
Poema (extracto de “Sós”)
De catro a catro, de Manuel Antonio
David del Puerto,
En el atardecer
Sobre Interior de catedral,
de Jenaro Pérez Villaamil
Poema de David del Puerto
Ramón Otero Moreira,
Ventar de árbores
Hugo Gómez-Chao Porta
Vanitas vanitatum
con jarrón de flores

Sobre Florero,
de Juan de Arellano
Poema “Estrella fugaz”,
de Abraham Gragera
David del Puerto
Luciérnagas
de El jardín bajo la luna
Hugo Gómez-Chao Porta
No sé con qué decirlos*
Sobre Bodegón (ca. 1660),
de Pedro de Camprobín
Poema de Abraham Gragera
Ramón Otero Moreira
Etopeas*
Sobre Cabeza de negra (1946),
de Maruja Mallo
*Obras por encargo do Museo de Pontevedra, estrea absoluta Agradecementos: Museo de Belas Artes da Coruña.