Este proxecto nace da necesidade de establecer vínculos entre as institucións da nosa comunidade musical, co obxectivo de crear contextos produtivos de aprendizaxe cos novos talentos da composición en Galicia e procurar espazos de difusión para dar a coñecer a súa obra.
En tres encontros con tres compositores contemporáneos, un grupo de oito participantes do alumnado de Composición do Conservatorio Superior de Vigo realizará un traballo progresivo sobre as súas partituras.
Ao remate dos encontros, os tres compositores seleccionarán unha das obras presentadas polo alumnado participante para a súa estrea na edición 2020 do Festival RESIS.
Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS