Neste concerto inaugural da segunda edición do Festival RESIS adentrámonos na música de cinco dos compositores de maior influenza do século XX e unha estrea absoluta.
Gérard Grisey, Pierre Boulez, Agata Zubel, Kaija Saariaho, Bruno Mantovani: Cinco compositores e compositoras que influíron dunha manera decisiva no pensamento musical a través de distintas estéticas, formas de reinterpretar a materia sonora e novos camiños de expresividade pertencentes a correntes como o serialismo integral, o espectralismo, a nova simplicidade ou a Terceira Escola de Viena.
Este concerto supón unha presentación de cinco obras nunca antes escoltadas en Galicia e que son, se non o cumio, unha das cimas máis altas da música dos nosos días.
A cargo deste concerto estarán xoves intérpretes que se perfeccionaron no estranxeiro e que traballaron con ensembles europeos regularmente, tales como o Ensemble Línea, o Ensemble Remix, o Klangforum de Viena, IEMA Ensemble Modern etc.
Pola súa parte, será Hugo Gómez-Chao Porta, gañador da última edición do Premio SGAE e CNDM de Xoves Compositores, e compositor residente de Xuventudes Musicais 2019-2020 será o director do conxunto.
Ao rematar o concerto o Restaurante Domus e Bodegas Petrón convidarán a un viño galego.