concerto

GRAN TORSO /

“Seis miradas da música contemporánea”

Sábado, 11 de maio

Estrea absoluta
20:00h
Domus, A Coruña
Inscrición previa
Recollida de entradas
na Domus, A Coruña
< volver a programa

Neste concerto inaugural da segunda edición do Festival RESIS adentrámonos na música de cinco dos compositores de maior influenza do século XX e unha estrea absoluta.

Gérard Grisey, Pierre Boulez, Agata Zubel, Kaija Saariaho, Bruno Mantovani: Cinco compositores e compositoras que influíron dunha manera decisiva no pensamento musical a través de distintas estéticas, formas de reinterpretar a materia sonora e novos camiños de expresividade pertencentes a correntes como o serialismo integral, o espectralismo, a nova simplicidade ou a Terceira Escola de Viena.

Este concerto supón unha presentación de cinco obras nunca antes escoltadas en Galicia e que son, se non o cumio, unha das cimas máis altas da música dos nosos días.

A cargo deste concerto estarán xoves intérpretes que se perfeccionaron no estranxeiro e que traballaron con ensembles europeos regularmente, tales como o Ensemble Línea, o Ensemble Remix, o Klangforum de Viena, IEMA Ensemble Modern etc.

Pola súa parte, será Hugo Gómez-Chao Porta, gañador da última edición do Premio SGAE e CNDM de Xoves Compositores, e compositor residente de Xuventudes Musicais 2019-2020 será o director do conxunto.

Ao rematar o concerto o Restaurante Domus e Bodegas Petrón convidarán a un viño galego.

EQUIPO ARTÍSTICO
DIRECCIÓN / HUGO GÓMEZ-CHAO
VOZ / CHUS ÁLVAREZ
FRAUTA / ROSA SOLER
CLARINETE / FELIPE ARGELL
PERCUSIÓN / NOÈ RODRIGO
PIANO / MAGDALENA CEREZO
VIOLÍN / JACOBO HERNÁNDEZ
VIOLA / LORENA GARCÍA
CELLO / LUCÍA PÉREZ DIEGO
PROGRAMA
Pierre Boulez,
Derive 1 (1984)
Para ensemble.
Bruno Mantovani,
Moi, jeu… (1999)
Para marimba solo.
Agata Zubel,
Cadenza (2013/14)
Para violín solo.
Hugo Gómez-Chao Porta,
“…sino con la presencia y la figura” (2019)
Kaija Saariaho,
Spins and Spells (1997)
Para cello solo.
Gérard Grisey,
Talea (1986)
Para ensemble.

LOCALIZACIÓN