POÉTICAS_PENDULARES /

VÍDEO / EXPOSICIÓN
“CINCO TENTATIVAS DE APROXIMACIÓN A UN PUNTO DE SUSPENSIÓN”

Do xoves, 6 ao martes, 25 de agosto

martes a domingo
11:00h–15:00h17:00h–21:00h
Fundación Luis Seoane
< volver a programa

Cinco obras de videoarte que traballan o corpo, o espazo e o tempo como concepto de arte en movemento desde diferentes perspectivas, pero un mesmo punto en común.

Figuras en movemento que exploran o universo compartido entre a arte coreográfica e a poesía.

***

“LES GRANDS FANTÔMES” (AS GRANDES PANTASMAS) / LOUISE NARBONI E YOANN BOURGEOIS

As investigacións sobre a gravidade, a resistencia, o balance e equilibrio, un obxectivo tan singular que lles levou a crear os seus propios métodos para consolidar a idea central da súa investigación centrada no punto de suspensión.

Concepto que nas propias vervas de Yoann Bourgeois define como «o momento furtivo cando o obxecto que foi arroxado alcanza a cima da parábola xusto antes da súa caída».

 


 

FIGURAS DECORATIVAS / VERÓNICA VICENTE

Plantea un acercamento ao corpo dende unha orientación contemporánea que se resolve a través da fotografía e a vídeo performance. Nesta ocasión, Verónica Vicente propón convertir o cuerpo literalmente en obxecto decorativo.

Os límites corporais quedan definidos non como entidades humanas se non como materia propia dos obxectos.

 


 

URNA / XURXO GÓMEZ-CHAO
Presenta unha video creación que traballa co concepto de beleza que vive eternamente esculpida no silencioso interior dnha urna de cristal e que plantea interrogantes de conceptos como protexer, gardar e exhibir a vida como obxectos de valor de forma que queden protexidos do paso do tiempo. Unha reflexión sobre temas como a mortalidade do arte e a fugacidade do home.
FICHA TÉCNICA
DIRECIÓN E EDICIÓN / XURXO GOMEZ-CHAO
COREÓGRAFA E BAILARINA / CARLOTA PÉREZ
PRODUCIÓN / EXPERIMENTA DANZA E XURXO GÓMEZ-CHAO
GRAVACIÓN / NAN CASAL
REMASTERIZACIÓN E AMBIENTE SONORO / BELÉN MONTERO

 

“LA VACA, LA PERRA, LA VIRGEN” / LUZ ARCAS

Instalación de Luz Arcas. de ondas raíces populares, pero cunha reinterpretación contemporánea inspirada nos milagros. Un milagro é unha encarnación, unha incursión violenta do trascendente na realidade.

SALVE

Me salve, madre, la vergüenza, / que no el amor, el amor / que no me salve / Que la vergüenza es mía / y bailando, madre / parece nuestra/ parece nuestra
*
Sudó y su sudor se secó / y volvió a sudar / sobre el sudor seco / Lloró y sus lágrimas se secaron / y volvió a llorar / sobre el llanto seco
*
Lloramos hacia dentro / por la costumbre / de que nada nos escuche / Un animal negro / como la noche de tinta / me mira de frente y me atraviesa / Temo que sea una sombra de mi sombra / que baila junto a la que baila allí / en el espejo / Nacemos hacia abajo / Caemos al mundo /para llevarlo encima
FICHA TÉCNICA
DIRECIÓN E FOTOGRAFÍA / ABRAHAM GRAGERA
ACOMPAÑAMENTO DRAMATÚRXICO / RAFAEL SM PANIAGUA
REALIZACIÓN DE VÍDEO E MONTAXE / CARLOS PÉREZ ROMERO E JORGE COLOMER
VESTIARIO / CARMEN 17

 

VIBRACIÓN DO TEMPO / GOSIA TREBACZ

A memoria, onde queira que imos, colga sempre sobre as nosas cabezas, silenciosa e discreta, pero sempre persistente. É unha realidade que xoga un papel valioso, porque, inevitablemente, como escribiu Borges, “somos a nosa memoria”. Sen dúbida, Gosia Trebacz é consciente deste extraordinario peso fronte ao lenzo ou o papel en branco, pero, igualmente, tamén é unha muller do seu tempo que capta o imparable impulso da arte contemporánea, o discurso actual, o discurso. do presente.

A súa obra móvese nun marco aberto á complicidade, no que diferentes campos plásticos comparten un mesmo espazo. A pintura, a fotografía e o collage son procedementos que amplían o lugar da pintura, acentuando a idea de dimensionar a mensaxe visual estendéndoa máis alá dos límites tradicionais. Cada unha das súas pezas remata, así, ofrecendo rutas multidireccionais.

FICHA TÉCNICA
DIRECIÓN E EDICIÓN / GOSIA TREBACZ
COREÓGRAFA E BAILARINA / KIRENIA C. MARTÍNEZ ACOSTA
POEMA / MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
MÚSICA / 23REDANTS E PABLO OZA
DISCO / “NOTHINGHEREISWHATITSEEMS” 
TÍTULO DA PEZA / “MANIPULADOS”
CELLO / MACARENA MONTESINOS
ELECTRÓNICA / NIET F-N
GUITARRA, VOZ E OBXECTOS / PABLO ORZA
EQUIPO TÉCNICO
ÓSCAR DOMÍNGUEZ CORBACHO
MIRYAM PATO PRADO
MANUEL FONTE LOUREIRO

+    

COMISARIADO

          RAQUEL GONZÁLEZ GARCÍA

LOCALIZACIÓN