concerto/conferencia
David Durán

TRAXEDIA DA ESCOITA /

Sábado, 18 de maio

20:30h, “Noite dos museos”
Fundación Luis Seoane
A Coruña
Entrada libre
(ata completar aforo)
< volver a programa

Toshio Hosokawa (1955), Luigi Nono (1924-1990) e Enrique X. Macías (1958-1995) conforman a terna que protagoniza o recital de David Durán Arufe (piano), solista de Vertixe Sonora.

De Hosokawa presenta Nacht Klänge, única peza acústica do programa que  evoca os “sons da noite” cun singular imaxinario sonoro que aúna innovación e forte raizame nas tradicións xaponesas.

Acompáñalle no programa ..…sofferte onde serene… para piano e banda magnética, onde Luigi Nono expresa a experiencia da dor e que constitúe unha referencia absoluta do pianismo con medios electrónicos do século XX. O son acústico e os pregravados (con)fúndense en resposta ás campás que resoan sobre unha lagoa na súa Venecia natal.

O entramado sonoro da un paso máis con Cadencias e Interludios / Percurso I, unha composición do malogrado compositor vigués Enrique X. Macías, para piano, banda magnética e dispositivo electroacústico que propón refinadas relacións entre o son orixinal do instrumento, os gravados e os resultantes da manipulación da electrónica en vivo.

Coa participación do cociñeiro Alhambra Xoán Crujeiras que realizará unha creación gastronómica en homenaxe ao compositor vigués Enrique X. Macías.

EQUIPO ARTÍSTICO
PIANO /
DAVID DURÁN
PRESENTACIÓN, CONFERENCIA /
PACO YÁÑEZ (RELATOR)
VÍDEO /
TONO GALÁN & CLARA PORTA
ILUMINACIÓN /
OCTAVIO MÁS IBÁÑEZ
PROGRAMA
Toshio Hosokawa,
Nacht Klänge (1994/96)
Piano.
Luigi Nono
…sofferte onde serene… (1974-76)
Piano e banda magnética.
Enrique X. Macias,
Cadencias e Interludios / Percurso I (1989-92)
Piano, banda magnética e dispositivo electroacústico.

+

      NOTAS DE CONCERTO

LOCALIZACIÓN