Resis Festival

concerto
REALIDADE
Pulso Ensemble
sábado 15 de maio — 20:00H
Auditorio da DOMUS

Entrada de balde
recollida de invitacións na domus
(A PARTIR DO 5 DE MAIO)
Obras de
Pedro González Fernández
Sarah Nemstov
Diego Jiménez Tamame
Alexander Schubert
Michael Beil
Programa

Flora (2019)
[Para ensemble, vídeo e electrónica]
Pedro González Fernández

Seven Thoughts – Her kind (2018)
[Para teclado solo e voz amplificada]
Sarah Nemtsov

L.H.O.H.Q | lhohq.info** (2020)
[Para ensemble, vídeo e electrónica en vivo]
Diego Jiménez Tamame

Weapon of choice (2009)
[Para violín, sensores, vídeo e electrónica en vivo]
Alexander Schubert

Caravan (2017)
[Para 4 músicos sen instrumentos, electrónica e vídeo en vivo]
Michael Beil

**Estrea absoluta
Plantilla

Saxofón: Sara Méndez Arias
Percusión: Pablo Paz López
Violín: Pedro González Fernández
Piano/Teclados: María Domínguez Pérez
Piano/ Teclados: Brais González
Control técnico: Alicia Sánchez Reyes
Control técnico: Diego Jiménez Tamame

Pulso Ensemble nace no ano 2019 como continuación do proxecto Container Galicia. Centrado na música experimental de nova creación, Pulso aposta por un discurso articulado en torno á contemporaneidade e á relación entre o individuo e a revolución dixital. Os integrantes de Pulso teñen participado nos principais festivais europeos dedicados á música de nova creación, traballando con algúns dos compositores máis importantes da escea internacional como Michael Beil, Simon Steen-Andersen, Alexander Schubert, Stefan Prins, José Manuel López López, César Camarero, Fritz Hauser, François Sarhan ou Marko Ciciliani.

Nesta ocasión, Pulso presenta “Realidade”, un espectáculo multimedia formado por 5 pezas de carácter performativo, as cales nos invitan a reflexionar sobre o papel e influencia da imaxe na sociedade actual, a relación entre o humano e a máquina así como da representación do corpo a través dos medios dixitais.

 

Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS