Resis Festival

COORDINACIÓN DE PROXECTOS  |  CRISTINA ESTERAS

Cristina Esteras é unha traballadora cultural que opera dentro do campo expandido das artes visuais. Graduada en Conservación e Restauración de Bens Culturais pola Facultade de Belas Artes na Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e formación específica en estudos curatoriais. A súa investigación académica céntrase na curaduría como práxis interdependente e díalóxica, entendendo o comisariado como un labor de acompañamento e intercambio a través de procesos de socialización e apertura.

Colaborou con diferentes institucións, iniciativas e proxectos culturais de carácter independente na organización de exposicións temporais, festivais e feiras de arte contemporánea. Comeza a traballar no 2017 na montaxe e restauración de exposicións na empresa TRESA restauración, para institucións e coleccións privadas como o Centro Botín ou o Arquivo Lafuente. No 2019, foi bolseira no departamento de exposicións en The Bronx Museum of the Arts como asistente do curador Sergio Bessa na organización de exposicións temporais e na investigación e organización sistematizada dos fondos de “The Alvin Baltrop Arquive”. No 2020, recibe a bolsa Peggy Guggenheim e incorpórase ao programa internacional da Fundación Solomon R. Guggenheim en Venecia onde continúa a súa colaboración en 2021 na exposición American Framing no pavillón de Estados Unidos da 17ª Exposición Internacional de Arquitectura, A Biennale dei Venezia.

No 2021, grazas á bolsa CULTUREX do Ministerio de Cultura e Deporte incorpórase ao equipo de xestión cultural da Academia de España en Roma. Actualmente, traballa como freelance e compaxina a coordinación das actividades do 150 aniversario da Academia, onde realiza labores de xestión e produción cultural, coa organización de proxectos independentes.