Con motivo do 100 aniversario do nacemento do compositor italiano Luigi Nono, o Círculo de Belas Artes colabora co Festival RESIS de música contemporánea da Coruña, presentando como parte da súa 7ª edición un concerto en Madrid a cargo de Lab 51.
Entre as pezas que se escoitarán no concerto, está “sofferte onde serene” a única peza de Nono para piano e cinta magnética dedicada a Maurizio e Marisa Pollini. As gravacións de Pollini ao piano son, en palabras de Nono, recordos e presenzas que se superpoñen, confúndense, como as “onde serene” (ondas serenas) que lle lembran aos sons da súa cidade, Venecia. Así mesmo, intepretarán Djamila Boupacha, unha das tres partes de “Cancións de vida e amor: na ponte de Hiroshima”, realizada a partir do texto Esta Noite de Jesús López Pacheco. As tres partes, di o propio Nono, son tres situacións típicas do noso tempo, diferentes entre si pero todas relacionadas co tema da tolemia criminal e a opresión e a posibilidade de facerlles fronte, de combatelas con amor e liberdade.
Pecha o programa unha das grandes composicións para voz e piano do século XXI, “Cold Trip II”, do compositor austríaco Bernhard Lang. Esta obra, investiga entre as posibilidades da voz, o piano e a electrónica, xerando un recorpo poético do Winterreise de Frantz Schubert. Bernhard Lang explora nesta obra, a voz desde a sensualidade do lied romántico, ata rexistros que se achegan ao rock e o tecno dos anos 90, xerando unha paisaxe de repeticións, distorsiones, fragmentos de melodías e evocacións.
LAB51 é un dúo interdisciplinar fundado en 2016 pola soprano Johanna Vargas e a pianista e performer Magdalena Cerezo, co obxectivo de ampliar o repertorio contemporáneo para soprano de coloratura e piano, e desenvolver un novo concepto de Liedduo. Neste contexto, ambas as artistas traballan xuntas para entrelazar a arte vocal, multimedia e performativo co canto clásico e a interpretación ao piano dentro dos seus proxectos e actuacións.