Resis Festival

concerto
TELESCOPE
Elisa Vázquez Doval
sábado 22 de maio — 20:00H
MUNCYT
Obras de
Morton Feldman
Sergio Luque
Karlheinz Stockhausen
John Cage
Salvatore Sciarrino
Programa

Palais de Mari (1986)
Morton Feldman

Klavierstück V (1954)
Karlheinz Stockhausen

Telescope (2017)
Sergio Luque

Austral Etude —  Book 1, No. 1 (1974)
John Cage

Notturno No. 1 (1998)
Salvatore Sciarrino

Elisa Vázquez Doval conta cunha amplia traxectoria como solista e músico de cámara. Ao longo da súa carreira foi invitada a tocar en prestixiosos auditorios, coma o Concertgebouw en Amsterdam e o Muziekcentrum Vredenburg en Utrecht, e ten dado concertos en varios países de Europa. O seu especial interés pola música contemporánea levouna a investigar e interpretar o repertorio para piano das últimas décadas. En España estreou obras de Elliott Carter, John Cage, Joji Yuasa, Rebecca Saunders, Younghi Pagh-Paan, Alberto Hortigüela e Chou Wen-chung.

As súas actividades máis recentes inclúen concertos na Fundación Juan March, o Festival Internacional de Primavera da Universidade de Salamanca, as Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, a Fundación Caixa Galicia e o Festival Espazos Sonoros, así como recitais en varios auditorios de España. Ten participado en clases maxistrais con Nicolas Hodges, Yukiko Sugawara, Hakon Autsbo, Greoffrey Madge, Edgar Nebolsin, Nino Kereselidze, Bruno Rigutto, Alexander Kandelaki, Evgeny Moguilewski , Kyoto Hashimoto e Alberto Rosado. Eecibiu apoios e becas de entidades coma: o Ministerio de Asuntos Exteriores, a Fundación Caixa Galicia, a Deputación de A Coruña, a Comunidade de Madrid, a Ecole de Musique de Niza e a fundación holandesa para as artes Hein Fonds.

Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS