Presentación do traballo desenvolvido na Cidade da cultura ao abeiro da REGA 22 | Residencias artísticas do Gaiás.
Nesta edición contaremos co compositor portugués Igor Silva e ARXIS Ensemble como artistas residentes.
Estamos constantemente escollendo e decidindo o que lemos e consumimos na rede, creando e dando forma ao noso propio entorno virtual, que con moita frecuencia foi previamente deseñado e filtrado antes de chegar ás nosas pantallas e retinas cansadas.
Esta é unha instalación inmersiva presentada nun espazo a oscuras no que o público experimentará un xogo de percepción audio-visual, creando unha sensación de desmaterialización do espazo e o tiempo.
Xa non nos encontramos neste espazo.
En cada lado de este espazo se crean perspectivas e narrativas diferentes do contido audiovisual, ao mesmo tempo que se complementan entre elas.
A instalación está constantemente recibindo información do exterior a través de páxinas web, mostrando diferentes visións dun mundo en cambio constante. A información será procesada para xerar material visual que será proxectado nas pantallas.
Sensores no chan
Por toda a sala haberá varios sensores que capturarán os movementos do público asistente. Estas vibracións serán procesadas de forma que manipulen o material auditivo e visual, creando unha clara relación entre a interacción do público e unha reflexión audiovisual.
Cámara dixital
Ao mesmo tempo, unha cámara dixital estará constantemente capturando os movementos do público mentres pasean polo espazo, transformando os seus movementos en son e imaxe. O público poderá interactuar e mergullarse neste sistema interactivo dixital.