Resis Festival

concerto

ZOAR ENSEMBLE

Proxecto 20|21
domingo 23 de maio — 19:00H
Aquarium Finisterrae

Entrada de balde
recollida de invitacións
no aquarium finisterrae (A PARTIR DO 13 DE MAIO)
Obras de
FERNANDO BUIDE
ARNOLD SCHÖENBERG
Programa

Mesetas*
FERNANDO BUIDE

Quinteto de vento, op.26** (1924)
I. Schwungvoll
II. Anmutig und heiter; Scherzando
III. Etwas langsam (Poco adagio)
IV. Rondo

ARNOLD SHÖENBERG

*Obra encargo da OSG, Estrea absoluta
**Estrea en Galicia
Plantilla

frauta: Joan Ibáñez Briz
oboe: David Villa Escribano
clarinete: Antonio Suárez Saavedra
fagot: Álex Salgueiro García
trompa: Benjamín Iglesias Martínez
A partir da segunda metade do século XX, un novo universo sonoro comeza a expandirse. Os creadores atopan inusitados camiños sonoros, espaciais e conceptuais dacordo aos tempos: nacen novas tendencias estéticas.
A música contemporánea propón desafíos únicos que intérprete e público deben abordar desde un renovado e moito máis amplo enfoque da técnica, da escoita e das sensacións.

Recoñecendo pois o decisivo papel que teñen os intérpretes no devir da música contemporánea, o Festival RESIS e a Orquesta Sinfónica de Galicia únense na creación actual coa posta en marcha do seu Proxecto 20/21, que inclúe o encargo e estrea de vinte obras doutros tantos compositores e compositoras galegas a cargo de once grupos de cámara do propio conxunto orquestral. O proxecto abarca prácticamente todas as tendencias, estéticas e xeracións da creación galega actual, coa referencia ineludible do compositor Rogelio Groba e de autores que desde Galicia son recoñecidos e premiados a nivel internacional.
Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS