Resis Festival

CONCERTO
GRAN TORSO IV
Quartet Gerhard
sábado 23 de abril — 20:00H
Igrexa das Capuchinas

Entrada de balde

Recollida de invitacións a través de
Ataquilla.com e Praza de Ourense
Programa

Lyrische Suite für
Streichquartett
(1925-26)
I. Allegretto gioviale
II. Andante amoroso
III. Allegro misterioso – Trio estatico
IV. Adagio appassionato
V. Presto delirando – Tenebroso
VI. Largo desolato

ALBAN BERG

String Quartet II** (1960-1962)
ROBERTO GERHARD


Figura II* (1997)
MATTHIAS PINTSCHER


*Estrea en España
**Estrea en Galicia
EQUIPO ARTÍSTICO

Violín I: Lluís Castan
Violín II: Judit Bardolet
Viola: Miquel Jordà
Cello: Jesús Miralles
PRESENTADO POR
CHUS ÁLVAREZ
Considerado como o cuarteto con máis renome a nivel internacional da súa xeración, o Cuarteto Gerhard distínguese polo seu remarcable sensibilidade polo son e por un respecto profundo pola música como un dos maiores valores humanos.

Gañador de varios premios nacionais e internacionais, participou en importantes escenarios internacionais como a String Quartet Biennale Amsterdam 2020 e Muzenforum a Bloemendaal (Holanda), Stadt-Casino de Basilea (Suíza), Bordeus e o Festival Radio France Montpellier (Francia) e tempada Musikamera na Fenice de Venecia (Italia) entre outros.

É destacable o seu compromiso coa música de nova creación, actuando en eventos relevantes como o ciclo do CNDM de Madrid (España), Nuit da Création en Aix-enProvence (Francia) e no Arnold Schoenberg Center de Viena (Austria).

As súas interpretacións foron retransmitidas por Catalunya Música, RNE (Radio Nacional de España), NDR e SWR (Alemaña), BBC (UK) e France Musique (Francia).
A nivel discográfico cabe destacar o seu álbum Portrait (Seed Music 2016) – premio da crítica ao mellor CD 2016 e un lanzamento con obras de Kurtág, Berg e Schumann baixo a discográfica Harmonia Mundi International.

Próximos compromisos destacados o seu debut en Elbphilharmonie Hamburg (Alemaña).

A Suite Lírica (1925-1926) é unha das obras cume do compositor austríaco Alban Berg (1885-1935), e un dos cuartetos de corda máis importantes do século XX.

Alban Berg conforma xunto ao seu mestre Arnold Schönberg e o seu amigo Anton Webern a chamada Segunda Escola de Viena, e son a tríada principal dos compositores que a principios do século XX buscaron no dodecafonismo unha saída á crise da tonalidade que xurdiu coa morte de Mahler en 1911. Alban Berg centra a súa técnica compositiva no dodecafonismo serial, do mesmo xeito que Schönberg e Webern, aínda que cun resultado moi diferente ao dos seus colegas. A Suite Lírica é un exemplo de como a técnica dodecafónica serviu a Berg para establecer unha lóxica non tonal, pero manter unha estética próxima ao romanticismo tardío de Mahler e Strauss.

Roberto Gerhard (1896-1979) foi un dos compositores españois máis importantes de todo o século XX, alumno de Arnold Schönberg e colega de Alban Berg. Por primeira vez en Galicia, preséntase o Segundo cuarteto para corda (1960-1962), unha obra na que Gerhard afástase dos formalismos do dodecafonismo de Schönberg e busca unha lóxica expresiva na súa música que non se enmarca en ningunha das principais correntes da súa época.

Matthias Pintscher (1971-) é unha das figuras máis importantes do mundo da música na actualidade. Recoñecido director, foi director principal do Ensemble Intercontemporain desde 2013 ata 2022. Como compositor, o seu catálogo abarca obras de todas as formacións. Figura II Passaggio per Cuarteti D’Archi (1997), pertence ao ciclo de Figura, un conxunto de obras para cuarteto de corda e acordeón que explora certas técnicas nos instrumentos de corda.