Resis Festival

RESIS.LAB
II PANEL DE LECTURA DE PARTITURAS
Arditti Quartet
VENRES 31 DE MAiO 16:30H
CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA
Mar Caballer

MAR CABALLER LLOPIS

Mar Caballer Llopis, Ares do Maestrat (Castelló), está actualmente cursando a especialidade de Composición no Conservatorio Superior de Música Joaquín Rodrigo de Valencia con Voro García.

Asistiu a clases maxistrais con Georges Aperghis, #Luis Naón, Hèctor Parra, Elena Mendoza, Llorenç Barber, José Manuel López López, Joan Magrané e Helga Arias, entre outros.

O seu primeiro contacto coa música foi a través do clarinete, da man de Diego Garcia e José Miguel Martínez, e posteriormente iniciouse na composición con Juanjo Villaroya.

Paralelamente, cursou un Grao Superior de Son para Audiovisuais e Espectáculos e na actualidade traballa como técnica de son no Teatro Principal e o Auditorio de Castelló.

Recibiu encargos dos festivais ENSEMS e Polièdric, e tamén dos intérpretes Manuel Martínez e Albert Martín-Lorente.

As súas obras formaron parte dos proxectos X-Ensems, Harmonía Cuántica 2023, Opus#0 e Sonuari, estreándose na Ciutat de lles Arts i lles Ciències, o MACA de Alacante, o museo de Belas Artes de Castelló, a Beneficència de Valencia, o Auditorio de Benicarló e o auditorio do Conservatorio Superior de Música de Valencia.