Resis Festival

MESA REDONDA
SOBRE O QUE NON SE VE
Beat Furrer + Cordula Bürgi + Paco Yáñez
sábado 28 de MAIO 

Beat Furrer (Suíza, 1954) é un dos grandes compositores do noso tempo. Estudou dirección de orquestra con Otmar Suitner e composición con Roman Haubenstock-Ramati na Hochschule für Musik und Darstellende Kunst de Viena e, no ano 1985, fundou o ensemble Klangforum Wien que dirixiu ata 1992 e co que mantén desde entón estreitos lazos como director musical. A súa primeira ópera, Die Blinden (Os cegos), foi un encargo da Staatsoper de Viena; Narcissus estreouse en 1994 na ópera de Graz dentro do festival Steirischer Herbst. En 1996 nomeóuselle Compositor en residencia durante as Semanas Musicais de Lucerna. A súa peza de teatro musical BEGEHREN estreouse en 2001 en Graz, en 2003 a súa ópera Invocation en Zürich e en 2005 FAMA, obra teatral para escoitar, en Donaueschingen.

Cordula Bürgi, estudou dirección coral, orquestral, canto e educación musical na Academia de Música de Basilea; violín no Conservatorio de Lucerna e xestión cultural na Universidade de Zürich. De 2008 a 2014 foi directora artística e directora xeral da escola de coros Mädchenkantorei Basel. Tivo múltiples aparicións co coro en producións de ópera do Teatro de Basilea. En 2014 dirixiu catro óperas curtas contemporáneas na Ópera de Graz (Opern der Zukunft). Como directora invitada, tamén traballou co SWR Vokalensemble Stuttgart, o Basler Madrigalisten e a Orquestra Barroca Cappricio Basel. Para a estrea mundial da ópera Violetter Schnee de Beat Furrer en xaneiro de 2019, Bürgi traballou cos solistas vocais en Berlín. En 2016 fundou Cantando Admont, un conxunto vogal profesional para música contemporánea e antiga.

Paco Yáñez, crítico musical e escritor, únese nunha conversación que virará ao redor das obras programadas, Lotófagos e Akusmata, ambas as estreas en España.