MIST é unha película de danza multidisciplinar de Damien Jalet que vén dende os Países Baixos e Nederlands Dans Theater (NDT) coa estreita colaboración do artista visual Nawa Kohei e o videógrafo Rahi Rezvani.
Carnal, visceral e fantasmagórica, a película funde a metáfora e metamorfose nun ambiente cheo de néboa e gran beleza, un espazo no que compara os corpos co ritmo da vida e que explora a fina liña entre a realidade e o espellismo, a ciencia e a mitoloxía.
Resulta un verdadeiro espectáculo onde os 18 bailaríns interactúan parecendo a propia natureza, recreando o lume, unha erupción volcánica, un furacán, unha fervenza ou mesmo un río. Baseada na estética do Renacemento italiano e na técnica de Leornardo da Vinci, o “sfumato”, nesta mostra de arte coreográfica desaparecen as fronteiras do suxeito e a súa contorna.
MIST (Néboa) sinala o debut do coreógrafo belga-francés Damien Jalet, cuxas creacións tenden a ser visualmente impresionantes, cinéticas e dan que pensar. Jalet creou Mist, unha película de danza multidisciplinar, en pechada colaboración co artista visual xaponés Kohei Nawa e o videógrafo Rahi Rezvani.
Metafórico e metamórfico, Mist foi creada no medio da pandemia do COVID19 e captura un sentido de rendición ao seu borroso ambiente, ao tempo que atopa unha beleza transcendente que mergulla aos visitantes nun estado hipnótico.