Resis Festival

intervención artística
Romina Casile & Marco Maril
(Músico invitado)

A PANTASMA DUN XESTO /

Venres, 10 de maio

20:00h
A Normal, UDC
A Coruña
Entrada libre
(ata completar aforo)
< volver a programa

“A pantasma dun xesto” encontra o seu accionar no poema “Unha tirada de dados xamais abolirá o azar” (Un coup de dés jamais n’abolira le hasard, 1987) de Stéphane Mallarmé.

O proxecto parte da concepción do mencionado texto coma unha especie de partitura. A partir de alí, desprega unha serie de pezas que deveñen sonoras como resultados da reescritura e a tradución como poéticas do facer.

Mediante a reescritura vólvense a escribir as mesmas palabras, pero o sentido é irremediablemente (e imperceptiblemente) distinto. Son palabras que atravesaron un corpo e foron transformadas e voltas a escribir. Neste accionar é onde imprimimos novos sentidos, impregnados de linguaxes intuitivas e asociativas. É ese xesto, invisible á vista, pero substancial no movemento.

Traducir vén do latín traducere, que significa “pasar dun lado ao outro”. Repara na concepción deste termo como forma de expresar, interpretar, converter, mudar algo de forma diferente á que foi expresada. Experimenta en diferentes formas de traducir e neste caso, a tradución funciona como dispositivo de transformación cara a unha manifestación sonora.

Con isto trata de indagar nos desprazamentos, transferencias, efectos e ecos que se van producindo no traspaso dun xesto a outro. Poñendo ao descuberto as posibles refraccións que un texto pode esconder.

EQUIPO ARTÍSTICO
Artista / Romina Casile
Músico invitado / Marco Maril

LOCALIZACIÓN