Resis Festival

Noè Rodrigo

IL LEGNO E LA PAROLA /

CONCERTO PARA PERCUSIÓN

Sábado, 4 de xullo

20:30h
Fundación Luis Seoane
Prazas limitadas
Recollida de invitacións
na Fundación Luis Seoane
981 21 60 15

Un Temazcal é un ritual ancestral característico da cultura e a tradición mexicanas que, por medio dun banÞo de vapor e da exposición a temperaturas moi elevadas, pretende purificar o individuo en corpo e mente. Mediante a parte electrónica pregravada e o uso das maracas (instrumento de seu da cultura de Centroamérica), Aìlvarez relata o desenvolvemento deste rito: desde a preparación da sauna ou banÞo que realiza o chamán, colocando os carbóns no seu interior; ata o clímax no que, tras sufrir alucinacións por mor das altas temperaturas, o individuo é purificado. Para rematarmos, unha melodía tradicional mexicana simboliza o fin do proceso e o individuo xa “desintoxicado”.

En il legno e la parola, para marimba e campá, Sciarrino experimenta coas posibilidades sonoras da marimba mediante a utilización de dinámicas e rexistros moi extremos, así como da transformación da cor e timbre do son “natural” do instrumento. Partindo da premisa de que: “Un instrumento de percusión de madeira, dificilmente pode cantar”, o compositor italiano propón a seguinte cuestión: “Pode, non obstante, falar, gritar, murmurar, xemer…?”

Schwarze Wolken (Nubes Negras na súa tradución ao galego) é un lamento sobre a propia existencia. Como se se anticipase ao desastre ocorrido en Chernobyl, apenas dous anos despois da composición desta obra, Denissow utiliza a resonancia das laìminas do vibráfono para crear unha paisaxe sonora inspirada nas nubes que, pese á súa beleza e delicadeza, poden ser tamén borrosas e inquietantes.

Psappha é, moi probablemente, unha das obras máis representativas do repertorio para percusión. Escrita en 1975, pódese considerar un “clásico” e marcou, sen dúbida, un antes e un despois na composición de obras para multipercusión. Psappha é unha forma arcaica para referirse á poeta grega Safo de Lesbos, poesía na que Xenakis se inspirou para compoñer as estruturas rítmicas desta obra. A escritura é única e específica pois ningunha das súas obras utiliza esta notación e consta de 2.390 segmentos nos que o compositor grego plasmou, utilizando puntos, todas as células rítmicas. Pese á alta precisión na escritura da partitura, Xenakis dá certa liberdade ao intérprete para escoller a instrumentación sempre que se organice en seis grupos: tres formados por instrumentos de madeiras e parches, e outros tres por instrumentos metálicos. Deste xeito, prioriza o contido rítmico e estrutural do poema e releva a melodía a outro plano que enfatiza a devandita estrutura.

Noè Rodrigo Gisbert
EQUIPO ARTÍSTICO
PERCUSIÓN / NOÈ RODRIGO
PRESENTA / CHUS ÁLVAREZ
EQUIPO TÉCNICO
ÓSCAR DOMÍNGUEZ CORBACHO
MIRYAM PATO PRADO
MANUEL FONTE LOUREIRO
PROGRAMA
Javier Álvarez,
“Temazcal”
·
Salvatore Sciarrino,
“Il legno e la parola”
·
Edison Denissow,
“Schwarze Wolken”
·
Iannis Xenakis,
“Psappha”

LOCALIZACIÓN