Dous compositores galegos, Jacobo Gaspar e Haché Costa, presentarán dúas obras de música contemporánea inspiradas en dúas pezas do fondo do Museo de Belas Artes da Coruña, “Árbore” de Manolo Paz e “Amor Divino” do escultor coruñés Emilio de Madariaga.
O saxofonista Rafa Yebra e o percusionista David Rodríguez serán os intérpretes encargados de realizar a estrea absoluta destas dúas obras, nun concerto no que a música contemporánea e a escultura daránse a man coa axuda da poesía, a tratadística e a escenografía como elementos de conexión entre o sonoro e o visual.