Dentro dos concertos homenaxe que desenvolveremos nesta edición de RESIS con motivo do 100 aniversario do nacemento do compositor grego e no que participarán formacións como a Camerata da Orquestra Sinfónica de Galicia, a Banda Municipal da Coruña ou o Arxis Ensemble, o crítico musical e escritor Paco Yáñez moderará unha charla onde se falará da traxectoria de Iannis Xenakis como compositor, o seu interese pola arquitectura e a importancia da súa figura na música dos últimos anos.
Participarán nesta charla o arquitecto Xosé Manuel Casabella, membro da Real Academia de Belas Artes; o director de Arxis Ensemble, Aitor Vázquez Torres; o percusionista Noè Rodrigo; e o compositor e director artístico do Festival RESIS, Hugo Gómez-Chao.