Iannis Xenakis (1922-2001) representa unha das maiores figuras musicais do noso tempo. Enxeñeiro e compositor, foi un dos compositores máis rompedores e radicais dos anos 60 e 70, decidindo non enmarcarse en ningunha das escolas compositivas do seu tempo e creando unha linguaxe persoal e propio que influíu a infinidade de artistas ao longo dos últimos 50 anos.
En 2022 celébrase o centenario do seu nacemento e, desde o Festival RESIS, organizamos unha serie de concertos que inclúen varias das súas obras nunca antes presentadas en Galicia para homenaxear a un dos compositores máis importantes e influentes do último século.
Pleïades (1978) é unha obra dunha intensidade inmensa que se basea nun conxunto de estrelas pertencentes á constelación de Taurus. Destas estrelas, soamente seis son percibidas a primeira ollada. Soamente podemos ver seis brillantes luces entre o resplandor doutras moitas.
Esas seis estrelas principais represéntanse como os seis percusionistas da escena que, durante corenta e cinco minutos, sométennos ao apabullante son dun aparellaxe inmenso de percusións, de madeiras, peles e metais que parecen crear unha verdadeira choiva de estrelas, violenta e desordenada sobre o ceo nocturno.
Aitor Vázquez Torres estudou dirección de orquestra con Marc Piollet e Wolfgang Döerner na
Kunstuniversität de Graz (Austria), centrando os seus estudos na dirección de música dos séculos XX e XXI. Traballou e dirixiu formacións como Savaria Symphony Orchestra de Hungría, Grazer Philarmonie de Austria, Ensemble für Neue Musik KUG ou o PPCM da Kunstuniverität Graz baixo a tutela de músicos do Klangforum de Viena. Recibiu clases de Roland Kluttig, Gunde Jäch-Micko, Dimitri Polisoidis, Johannes Kern e Edo Micic.
No ámbito da composición, estuda no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e nos Cursos Internacionais de Composición, Interpretación e Dirección de Orquestra de Villafranca del Bierzo, onde traballa con compositores como Cristóbal Halffter, José María Sánchez Verdú ou Alberto Pousadas, foi galardoado co Premio Flora Prieto de Composición, estreando coa Orquestra e Coro Nacionais de España no Auditorio Nacional e no Primeiro Concurso de Composición Musical para Mozos Andaluces. Paralelamente á formación académica ha recibido clases de compositores como Helmut Lachenmann, Luís de Pablo ou Bruno Dozza.
É director invitado de Arxis Ensemble para a tempada 2021-2022.
Centrado na música de percusión de nova creación, ARXIS Percussion Group nace co obxectivo de achegar ao panorama galego as últimas correntes estéticas ao redor da percusión, na súa expresión solista, camerística e de ensemble. Así mesmo, ARXIS Percussion Group aposta por converterse nunha plataforma de encontro entre as e os diferentes percusionistas residentes en Galicia. A creación interdisciplinar, a experimentación no campo da percusión, a creación de novo repertorio e o labor didáctico convértense así no eixo central do proxecto.
Os integrantes do ARXIS Percussion Group colaboran asiduamente con prestixiosas orquestras de ámbito internacional tales como Concertgebouworkest de Ámsterdam, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orchestre Philharmonique Royal de Liége, etc. Paralelamente, traballan activamente nos principais focos de creación actual: Bruxelas, Ámsterdam, Viena ou Madrid, desenvolvendo o seu labor tanto no ámbito solista como en diferentes ensembles internacionais.
Esta web utiliza cookies. Si continúas navegando estarás aceptándola.AjustesAceptar
Privacy & Cookies Policy
Resumen de privacidad
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.
Las cookies necesarias son absolutamente esenciales para que el sitio web funcione correctamente. Esta categoría solo incluye cookies que garantizan funcionalidades básicas y características de seguridad del sitio web. Estas cookies no almacenan ninguna información personal.
Las cookies que pueden no ser particularmente necesarias para que el sitio web funcione y se utilizan específicamente para recopilar datos personales del usuario a través de análisis, anuncios y otros contenidos incrustados se denominan cookies no necesarias. Es obligatorio obtener el consentimiento del usuario antes de ejecutar estas cookies en su sitio web.
Subscríbete ao noso Newsletter
Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS