Resis Festival

RESIS.LAB
II PANEL DE LECTURA DE PARTITURAS
Arditti Quartet
PRAZO ABERTO ATA O 1 DE ABRIL DE 2024

PRESENTACIÓN: 31 DE MAIO DE 2024 
O Festival RESIS, en colaboración co Arditti Quartet, anuncia RESIS.LAB, segunda convocatoria internacional de panel de lectura de partituras.
O obxectivo é seleccionar tres obras que se presentarán o 31 de maio de 2024 na Coruña.
Os compositores/as seleccionados terán a oportunidade de traballar e perfeccionar as súas partituras co cuarteto de corda.