Resis Festival

CONCERTO
PLÉÏADES
Arxis Ensemble
Homenaxe centenario Xenakis
Sábado 14 de MAIO — 21:00H
Castelo de San Antón

Entrada de balde

Recollida de invitacións a través de
Ataquilla.com e Praza de Ourense
Programa

Pléïades* (1978)
IANNIS XENAKIS


*Estrea en Galicia
EQUIPO ARTÍSTICO

Director: Aitor Vázquez Torres

Percusión A: Noè Rodrigo
Percusión B: Sergio Sande
Percusión C: Lucía Carro
Percusión D: Manuel Alcaraz
Percusión E: Joao Miguel Braga
Percusión F: Pablo Paz
PRESENTADO POR
CHUS ÁLVAREZ
Iannis Xenakis (1922-2001) representa unha das maiores figuras musicais do noso tempo. Enxeñeiro e compositor, foi un dos compositores máis rompedores e radicais dos anos 60 e 70, decidindo non enmarcarse en ningunha das escolas compositivas do seu tempo e creando unha linguaxe persoal e propio que influíu a infinidade de artistas ao longo dos últimos 50 anos.

En 2022 celébrase o centenario do seu nacemento e, desde o Festival RESIS, organizamos unha serie de concertos que inclúen varias das súas obras nunca antes presentadas en Galicia para homenaxear a un dos compositores máis importantes e influentes do último século.

Pleïades (1978) é unha obra dunha intensidade inmensa que se basea nun conxunto de estrelas pertencentes á constelación de Taurus. Destas estrelas, soamente seis son percibidas a primeira ollada. Soamente podemos ver seis brillantes luces entre o resplandor doutras moitas. Esas seis estrelas principais represéntanse como os seis percusionistas da escena que, durante corenta e cinco minutos, sométennos ao apabullante son dun aparellaxe inmenso de percusións, de madeiras, peles e metais que parecen crear unha verdadeira choiva de estrelas, violenta e desordenada sobre o ceo nocturno.

Aitor Vázquez Torres estudou dirección de orquestra con Marc Piollet e Wolfgang Döerner na Kunstuniversität de Graz (Austria), centrando os seus estudos na dirección de música dos séculos XX e XXI. Traballou e dirixiu formacións como Savaria Symphony Orchestra de Hungría, Grazer Philarmonie de Austria, Ensemble für Neue Musik KUG ou o PPCM da Kunstuniverität Graz baixo a tutela de músicos do Klangforum de Viena. Recibiu clases de Roland Kluttig, Gunde Jäch-Micko, Dimitri Polisoidis, Johannes Kern e Edo Micic.

No ámbito da composición, estuda no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e nos Cursos Internacionais de Composición, Interpretación e Dirección de Orquestra de Villafranca del Bierzo, onde traballa con compositores como Cristóbal Halffter, José María Sánchez Verdú ou Alberto Pousadas, foi galardoado co Premio Flora Prieto de Composición, estreando coa Orquestra e Coro Nacionais de España no Auditorio Nacional e no Primeiro Concurso de Composición Musical para Mozos Andaluces. Paralelamente á formación académica ha recibido clases de compositores como Helmut Lachenmann, Luís de Pablo ou Bruno Dozza.

É director invitado de Arxis Ensemble para a tempada 2021-2022.

Centrado na música de percusión de nova creación, ARXIS Percussion Group nace co obxectivo de achegar ao panorama galego as últimas correntes estéticas ao redor da percusión, na súa expresión solista, camerística e de ensemble. Así mesmo, ARXIS Percussion Group aposta por converterse nunha plataforma de encontro entre as e os diferentes percusionistas residentes en Galicia. A creación interdisciplinar, a experimentación no campo da percusión, a creación de novo repertorio e o labor didáctico convértense así no eixo central do proxecto.

Os integrantes do ARXIS Percussion Group colaboran asiduamente con prestixiosas orquestras de ámbito internacional tales como Concertgebouworkest de Ámsterdam, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orchestre Philharmonique Royal de Liége, etc. Paralelamente, traballan activamente nos principais focos de creación actual: Bruxelas, Ámsterdam, Viena ou Madrid, desenvolvendo o seu labor tanto no ámbito solista como en diferentes ensembles internacionais.